Actualidade e Noticias



Vitoria dos Clubs Tea e Covelo Patinaxe Artística na II fase de niveis libre
- 08/05/2024 -

270 deportistas de Pontevedra e Ourense participaron nesta proba organizada polo Club Covelo Patinaxe Artística

270 patinadoras e patinadores de clubs de patinaxe da provincia de Pontevedra e Ourense competiron na segunda fase de niveis 1, 2 e 3 de patinaxe libre celebrada no pavillón municipal de deportes do Concello de Covelo e organizada polo Club Covelo Patinaxe Artística co apoio de Deporte Galego da Xunta de Galicia.

 

Na fase de nivel I acadaron os primeiros postos Carmen do Club Covelo, Daniela do Club Tea, Uxía do Club Tea e Noa do Club Covelo. No nivel II: Alexandra do club Tea, Enma (Tea), Mara (Tea), Sara (Tea) e as patinadoras do Club Covelo Julia, Maia, Paula e Sabela.

 

No nivel III conseguiron os primeiros postos as patinadoras do Club Tea, Elda, Silvia e Valeria e as e os do Club Covelo Ethan e Naia.

 

O Club Covelo Patinaxe Artística agradece o apoio de todas as familias participantes e do público que se achegou ata o pavillón para gozar deste espectáculo deportivo.

 

No encontro participaron o Club Bolboreta de Redondela, o A.D Sobre Rodas, o Ribex, o Arealonga Chapela, o AEHDE, o Rodeiras e o Castrelos. Tamén o Carpa, Valladares, Blossom, Luar, Salvaterra, Ánfora, Coruxo e Gondomar. Ademais o domingo será o turno do Eixo Gondomar, Balaídos, Nigrán, Condado, Soutomaior, Vagalume, Ourela, Patín Porriño, Tea, Covelo, El Olivo e Indalo.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade